Air Greenland
Air Greenland | ||
---|---|---|
IATA GL | OACI GRL | Indicativo GREENLAND |
Fundación | 1960 (como Grønlandsfly) | |
Frota | 31 | |
Destinos | 67 | |
Holding | SAS Group | |
Eslogan da compañía | Flies you safely to Greenland | |
Sede | aeroporto de Nuuk, Nuussuaq | |
Páxina web: http://www.airgreenland.dk/ |
Air Greenland A/S, tamén coñecida como Greenlandair, é a aeroliña nacional de Groenlandia. É subsidiaria do SAS Group, e pertende a este grupo, ao goberno groenlandés e ao goberno danés. Opera unha frota de 32 avións, incluídos un avión de pasaxeiros para voos transatlánticos e chárter, 9 pequenos avións usados principalmente na súa rede doméstica, e 22 helicópteros para levar pasaxeiros dende as pequenas comunidades ata os aeroportos domésticos. Os voos a heliportos nos asentamentos remotos son operados por contrato co goberno de Groenlandia.
Fundada en 1960 como Grønlandsfly, a aeroliña comezou a operar con hidroavións Catalina. Nunha década expandiuse e fíxose con varios DHC-3 Otter e helicópteros Sikorsky S-61, algúns dos cales aínda están en servizo. A meirande parte das operacións estiveron baseadas nos helicópteros ata que comezou a gobernar a nova administración groenlandesa en 1979, que comezou a investir nunha rede de pequenos aeródromos. Foi un proceso moi custoso, e as taxas aeroportuarias de Groenlandia aínda están entre as máis caras do mundo;[1] isto tamén requiriu unha nova frota: os turbohélices DHC-7 estaban especialmente adaptados ao terreo duro e ás condicións meteorolóxicas de Groenlandia. A fiabilidade das conexións mellorou cando a rede de aeroportos domésticos aumentou nos anos 90: o uso cada vez maior do Dash 7 fixo que a aeroliña estivese menos limitada polas inclemencias do tempo. A finais dos 90 e principios dos 2000, Air Greenland mercou un Boeing 757 e un Airbus A330, permitíndolle abrir conexións cara Copenhague, que ata ese momento estaban operadas por SAS e continuou facéndoo ata finais dos 2000. A día de hoxe a aeroliña compite con Air Iceland nas conexións internacionais e os pequenos servizos chárter domésticos.
Ademais dos servizos regulares e dos voos contratados polo goberno á meirande parte de vilas do país, a aeroliña tamén dá apoio a estacións de investigación remotas, proporciona servizos chárter para turistas e industrias mineiras e de enerxía e pode realizar evacuacións médicas durante emerxencias. Air Greenland ten sete subsidiarias: unha aeroliña, hoteis, touroperadores, unha axencia de viaxes especializada no turismo de Groenlandia e a Arctic Umiaq Line, un servizo de ferris subvencionado polo goberno.
Historia
[editar | editar a fonte]Anos 60
[editar | editar a fonte]A aeroliña fundárona o 7 de novembro de 1960 como Grønlandsfly A/S Scandinavian Airlines System e Kryolitselskabet Øresund, unha compañía mineira danesa envolta nas operacións de criolita en Ivittuut para proporcionar transporte e loxística para catro bases de radares estadounidenses en Groenlandia. En 1962, intereses foron adquiridos intereses na firma polo Consello Provincial (no presente o Goberno Greenlandés) e o Departamento Real de Comercio de Groenlandia. (now KNI).[2]
Os primeiros voos en servir ás bases estadounidenses en Groenlandia foron operados polos lixeiros DHC-3 Otter e polos helicópteros Sikorsky S-55 fletados dende o Canadá.[2] Despois dun accidente en 1961, Grønlandsfly usou hidroavións PBY Catalina e DHC-6 Twin Otter nas rutas domésticas. Un dos Catalina estrelouse en 1962. En 1965 o Douglas DC-4 converteuse no seu avión máis grande de liña. Foi seguido por helicópteros Sikorsky S-61, que aínda están en uso: en 2010 aínda servían ás comunidades do municipio de Kujalleq durante todo o ano e ás de Disko Bay durante o inverno.
Anos 70
[editar | editar a fonte]Durante os anos 70 Grønlandsfly actualizou os seus DC-4 cara aos novos DC-6,[3] pero centrouse principalmente en expandir a súa frota de helicópteros, mercando cinco S-61 máis. Cara 1972 iniciou os servizos cara ao leste de Groenlandia cun helicóptero baseado en Tasiilaq, e creou Greenlandair Charter. A mineiría en Maamorilik, no fiorde de Uummannaq, requiría aínda máis helicópteros, e a aeroliña mercou varios Bell 206 para a ruta. Grønlandsfly conseguiu un contrato co goberno danés para realizar misións de recoñecemento en relación co xeo que rodeaba Groenlandia.[3]
Cara finais de 1979 o número de pasaxeiros anuais de Grønlandsfly superaba os 60 000,[3] máis que a poboación de Groenlandia. Ese ano abriuse a primeira ruta internacional da aeroliña, voando dende a capital, Nuuk, e a cidade de Iqaluit, no norte do Canadá. A ruta foi operada xunto coa aeroliña canadense First Air, pero os avións ían xeralmente baleiros polo que se cancelou 13 anos despois.[4]
Anos 80
[editar | editar a fonte]O establecemento do Goberno autónomo de Groenlandia en 1979 levou a investmentos nunha rede rexional de verdadeiros aeroportos, con aeródromos para aterraxes e engalaxes curtas (STOL) construídos en Nuuk, Ilulissat e Kulusuk.[4] Estes primeiros aeroportos foron construídos sen equipo para eliminar o xeo, unha situación que demostrou ser problemática durante os invernos e continua a causar atrasos e pardas á aeroliña. Nesa década tamén apareceu o tren e contratáronse aos primeiros pilotos nativos.[4]
Para servir á aumentada rede, Grønlandsfly comezou a mercar DHC-7,[4] avións particularmente adaptados ás condicións meteorolóxicas de Groenlandia. O primeiro foi entregado o 29 de setembro de 1979, seguido por varios máis durante a década dos 80. Eses avións aínda están en servizo, voando a todos os aeroportos agás ao de Nerlerit Inaat, preto de Ittoqqortoormiit, que está operado por Air Iceland por un contrato co goberno autónomo.[5]
En 1981 Grønlandsfly inaugurou a súa primeira ruta a Islandia, unindo o aeroporto de Reiquiavik co seu centro de conexións principal en Kangerlussuaq, con escala en Kulusuk. En 1986 unha ruta a Keflavík permitíulle á compañía rematar o monopolio de SAS nos voos entre Groenlandia e Dinamarca, sendo a parte Keflavík-Copenhague operada por Icelandair.[4] Cara 1989 a aeroliña tiña empregados a máis de 400 groenlandeses e transportaba a máis de 100 000 pasaxeiros anualmente.[4]
Anos 90
[editar | editar a fonte]A actividade da compañía reducíuse cando as minas de Ivittuut e Maamorilik pecharon, levando a unha recesión da economía de Groenlandia.
Cando a situación mellorou, a rede de aeródromos aumentou cos aeroportos de Sisimiut, Maniitsoq e Aasiaat no medio oeste, e cos de Qaarsut e Upernavik no noroeste.[6] Coa compra dun quinto Dash 7 Grønlandsfly era, por vez primeira dende a súa fundación, capaz de servir a todas as grandes cidades de Groenlandia.
Grønlandsfly tamén mercou o seu quinto reactor, un Boeing 757-200 que comezou a operar en maio de 1998. O avión foi bautizado Kunuunnguaq na honra do explorador e etnólogo groenlandés Knud Rasmussen.[6] O aparello permitíulle á aeroliña voar a rendible ruta Kangerlussuaq–Copenhague directamente, sen afiliados ou unha escala en Islandia. Así, en 1999 a aeroliña transportou 282 000 pasaxeiros, case o triplo do número que conseguira a finais da década anterior.[6]
Anos 2000
[editar | editar a fonte]Co cambio de milenio a aeroliña renovou novamente a súa frota, retirando varios dos seus helicópteros S-61 e Bell 206 e substituíndoos por Bell 212 e Eurocopter AS350.[6] A compañía tamén destituíu ao seu CEO Peter Fich, que fora incapaz de equilibrar as demandas do goberno groenlandés para o servizo local coas do consello de administración para aumentar o turismo.[7] Co seu subtituto, Finn Øelund, Grønlandsfly inicialmente rexistrou unha perda de 30 millóns de coroas danesas debido a que as obrigas contractuais mantiveron un servizo non rendible, unha folga arruinou a estación turística do verán, e Post Greenland deulle un lucrativo contrato de correo a Air Alpha Greenland, propiedade do goberno danés.[8] En resposta, a compañía desfíxose con éxito das grandes demandas do goberno autónomo, das altas taxas e as baixas axudas[8] e cambiou a súa marca, pasando a chamarse Air Greenland e adoptando un novo logotipo e unha nova librea o 18 de abril de 2002.[9]
En 2003 Finn Øelund deixou a aerliña para dirixir Maersk Air e foi substituído como CEO por Flemming Knudson.[1] Air Greenland abriu unha ruta de Copenhague a Akureyri, en Islandia; o servizo durou seis anos antes de que finalmente fose considerado non rendible e cancelado. Tamén en 2003 SAS abandonou os seus servizos en Groenlandia, permitíndolle a Air Greenland mercar o seu segundo grande avión, un Airbus A330-200 bautizado Norsaq.[9] SAS recuperou brevemente o servizo en 2007[10] antes de abandonalo finalmente en 2009.[11] Debido á retirada de SAS do mercado, Air Greenland recibiu o seu contrato coa USAF para un servizo de pasaxeiros cara e dende a base aérea de Thule. Activo dende febreiro de 2004, o contrato renovouse por outro período de cinco anos en 2008 a pesar de que SAS regresou brevemente ao mercado.
A primeira toma de control doutra aeroliña tivo lugar o 18 de xullo de 2006, cando Air Greenland marcou a compañía Air Alpha Greenland, subsidiaria da danesa Air Alpha. Air Alpha Greenland operaba voos en helicóptero en Disko Bay e no leste de Groenlandia. Dende a toma de control, od Bell 222 adquiridos usáronse para transferencias de pasaxeiros entre o aeroporto de Nerlerit Inaat e o heliporto de Ittoqqortoormiit.
En 2007 Michael Binzer foi contratado como novo CEO. O 13 de xuño dese ano SAS anunciou a súa intención de vender as súas accións en Air Greenland,[12] un movemento que despois incorporou ao seu programa de reestruturación,[13] pero cara 2012 non atopara compradores. O 1 de outubro a aeroliña introduciu o seu sistema de billete electrónico, e tamén nese ano comezou un servizo directo co Aeroporto Internacional de Baltimore-Washington, nos Estados Unidos. Despois de que 60 visitantes estadounidenses se quedasen en terra por unha folga de traballadores de Air Greenland e de que a aeroliña rexeitase buscarlles unha alternativa para regresar, a venda de entradas caeu e a ruta foi cancelada en marzo de 2008.
No ano 2009 a aeroliña transportou a 399 000 pasaxeiros.
Anos 2010
[editar | editar a fonte]Nos anos 2010 Air Greenland reduciu algúns servizos. O 1 de xaneiro de 2010 suspendeu a súa participación no programa de viaxeiro frecuente de SAS EuroBonus, e no ano 2011 a ruta sen escalas entre Narsarsuaq a Copenhague foi cancelada.
Porén, planeouse algunha expansión. Co obxectivo de competir con Air Iceland, que realiza servizos dende Reykjavik ata Nuuk, Narsarsuaq, Ilulissat e a costa leste de Groenlandia[14] e no presente controla o 15% do mercado na rexión,[1] Air Greenland pode abrir unha ruta sen escalas entre Nuuk e o Aeroporto Internacional de Keflavik, en Islandia. Ademais, debido á mellora das tecnoloxías e aos prezos máis altos das materias primas, as minas de Maarmorilik foron reabertas en novembro de 2010, con reservas de zinc e ferro para uns 50 anos. Ao igual que na década dos 70, os voos de subministración á mina van ser operados por Air Greenland usando helicópteros Bell 212 baseados no heliporto de Uummannaq.
O derradeiro Twin Otter de Air Greenland foi vendido en 2011 a Norlandair a cambio de cartos e un 25% das participacións da aeroliña islandesa.
A reapertura da conexión con Iqaluit, hoxe en día a capital de Nunavut, foi considerada por Air Greenland a finais de 2009 e finalmente levouse a cabo no ano 2012.Porén, este servizo rematou en 2015.[15]
Frota
[editar | editar a fonte]Frota de á fixa
[editar | editar a fonte]O Bombardier Dash 8 Q200 é o principal avión da aeroliña, operando en todas as rutas domésticas. En 2010 a aeroliña mercou o seu primeiro Dash 8. A frota de Air Greenland está formada polos seguintes avións:[16]
Avión | En servizo | Pedidos | Pasaxeiros | Destinos | Notas | ||
---|---|---|---|---|---|---|---|
C | M | ||||||
Airbus A330-200 | 1 | — | 30 | 248 | 278 | Copenhague – Kangerlussuaq Chárter |
Norsaq (OY-GRN) |
Beechcraft B200 King Air | 1 | — | 0 | 8 | 8 | Ambulancia Chárter |
Amaalik (OY-PCL) |
Bombardier Dash 8 Q200 | 7 | — | 0 | 37 | 37 | Nuuk – Reykjavík-Keflavík Domésticos Chárter |
|
Total | 9 | — |
Frota de helicópteros
[editar | editar a fonte]O Bell 212 é o principal helicóptero usado para voos ás vilas dos distritos. Os vellos Sikorsky S-61N están estaionados no aeroporto de Ilulissat e no heliporto de Qaqortoq. Cunha capacidade para 25 persoas, os S-61 baseados no sur de Groenlandia eran usados para transportar aos pasaxeiros que chegaban de Copenhague ao aeroporto de Narsarsuaq. A venda do Boeing 757 en abril de 2010 contribuíu ao declive do aeroporto, planeando a aeroliña retirar este modelo da súa frota. Tres Bell 222 foron retirados do servizo e están estacionados no aeroporto de Kangerlussuaq á espera de ser vendidos.
Avión | En servizo | Pedidos | Pasaxeiros | Rutas | Notas | ||
---|---|---|---|---|---|---|---|
M | |||||||
Bell 212 | 8 | — | 9 | 9 | Domésticas Chárter |
||
Eurocopter AS350 | 11 | — | 5 | 5 | Domésticas Chárter |
||
Sikorsky S-61N | 2 | — | 25 | 25 | SAR[17] | Serán retirados en 2017 | |
Total | 20 | — |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Travel People (ed.). "Klar til konkurrence". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 28 de decembro de 2016.
- ↑ 2,0 2,1 Air Greenland (ed.). "Grønlandsfly 1960-69". Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2010. Consultado o 28 de decembro de 2016.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Air Greenland (ed.). "Grønlandsfly 1970-79". Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2010. Consultado o 27 de xaneiro de 2017.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 Air Greenland (ed.). "Grønlandsfly 1980-89". Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2010. Consultado o 27 de xaneiro de 2017.
- ↑ Icelandair Group (ed.). "Air Iceland". Arquivado dende o orixinal o 13 de xullo de 2011. Consultado o 28 de xaneiro de 2017.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 Air Greenland (ed.). "Grønlandsfly 1990-99". Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2010. Consultado o 28 de xaneiro de 2017.
- ↑ Travel People (ed.). "New Greenlandair President". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 31 de xaneiro de 2017.
- ↑ 8,0 8,1 Travel People (ed.). "Greenlandair climbing towards new levels". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 6 de febreiro de 2017.
- ↑ 9,0 9,1 Air Greenland (ed.). "Air Greenland 2000-09". Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2010. Consultado o 6 de febreiro de 2017.
- ↑ SAS (ed.). "SAS Danmark åbner rute til Grønland". Consultado o 6 de febreiro de 2017.
- ↑ Sermitsiaq (ed.). "SAS lukker grønlandsrute". Consultado o 6 de febreiro de 2017.
- ↑ SAS (ed.). "New direction will ensure SASs future". Archived from the original on 23 de xullo de 2011. Consultado o 8 de febreiro de 2017.
- ↑ E24 (ed.). "SAS-sjefen har stor tro på fremtiden". Consultado o 8 de febreiro de 2017.
- ↑ Air Iceland (ed.). "Destinos de Air Iceland". Archived from the original on 24 de xuño de 2010. Consultado o 8 de febreiro de 2017.
- ↑ CBC (ed.). "Air Greenland cuts Nuuk-Iqaluit scheduled flights in 2015". Consultado o 8 de febreiro de 2017.
- ↑ Air Greenland (ed.). "Frota". Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2017. Consultado o 28 de decembro de 2016.
- ↑ Air Greenland (ed.). "Search and Rescue". Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2017. Consultado o 8 de febreiro de 2017.